Dixitalice o seu Certificado Covid da UE
Cree unha copia dixital do seu Certificado Covid da Unión Europea e gárdea de forma segura no seu móbil.
-
Certificado de vacinación
-
Certificado de recuperación
-
Certificado de tests realizados
Este servizo ofrécese de xeito gratuíto para o público en xeral como parte da nosa contribución á loita contra a pandemia da covid-19.
Non hai que instalar ningunha aplicación específica
O tamaño do ficheiro do seu pase dixital é de só uns poucos quilobytes, de modo que é facilmente accesible desde a aplicación móbil onde teña os seus outros billetes, entradas e tarxetas.
Non hai seguimento nin recompilación de dato ningún
Non se fai seguimento nin recompilación de datos sobre a súa localización. É un contedor dixital seguro do seu código QR.
Funciona sen conexión
Unha vez que descargue o seu pase dixital xa non precisará conexión wifi nin datos móbiles para acceder a el.
Elixa o seu dispositivo:
iOS
#1
#2
Abra esta páxina no seu teléfono móbil e prema no botón superior para comezar a crear o seu pase dixital.
Suba unha captura de pantalla do seu código QR ou escanéeo desde o seu certificado en papel coa cámara do móbil.
#3
#4
#5
O noso sistema lerá o código QR e creará un pase dixital coa información atopada.
O pase está xa pronto para a súa descarga; siga a ligazón e as instrucións na páxina de descarga.
Recomendamos que descargue a nosa aplicación YourWallet, dispoñible de forma gratuíta na Google Play Store.
Déalle a volta ao pase premendo nos tres puntos da esquina inferior dereita e lea os detalles da parte posterior.
Android
#1
Abra esta páxina no seu teléfono móbil e prema no botón superior para comezar a crear o seu pase dixital.
#2
Suba unha captura de pantalla do seu código QR ou escanéeo desde o seu certificado en papel coa cámara do móbil.
#3
O noso sistema lerá o código QR e creará un pase dixital coa información atopada.
#4
O pase está xa pronto para a súa descarga; siga a ligazón e as instrucións na páxina de descarga.
#5
We recommend you to download our app YourWallet, available for free in Google Play Store.
Flip the pass by clicking the three dots in the bottom right corner and read details on the back of it.
Non podo xerar o meu certificado dixital; recibo un erro que me di "O ficheiro cargado non contén un certificado ou non foi recoñecido". Por que?
O noso servizo foi desenvolvido para os certificados covid da Unión Europea (tamén chamados certificados verdes dixitais) emitidos antes do verán. Algúns países xa o implementaron e vostede recíbeo automaticamente, mais noutros países aínda está en curso o seu despregamento ou hai que solicitalo ás autoridades locais. Teña en conta que os códigos QR locais poden ter especificacións técnicas e non resultar compatibles cos nosos pases dixitais. Saiba máis da cronoloxía de implementación na UE, visitando o seu sitio web.
Podo cambiar o idioma do meu pase dixital?
Actualmente ofrecemos pases do certificado dixital en EN, DE, FR, CZ, SK, HR, SI, IT, ES, GA, CA, UA, RU, KA, PT, RO e IL. Móstranse de modo automático no mesmo idioma que o sistema operativo do dispositivo móbil. Se quere cambiar o idioma do seu pase, debe mudar o idioma predefinido do dispositivo. Se quere axudarnos coas traducións a outros idiomas, comenténolo; agradecémoslle a súa achega.
Onde gardo o pase do meu certificado electrónico?
Se ten un iPhone, simplemente descargue o seu pase do certificado dixital na aplicación Apple Wallet (se aínda non a usa, saiba que é unha aplicación nativa dos iPhone). Para os usuarios de Android, desenvolvemos YourWallet que se pode descargar desde a Google Play. É de balde e resulta de utilidade para xestionar os pases, billetes e entradas da súa carteira dixital. Saiba máis sobre YourWallet.
Que tecnoloxía se utiliza para os pases dos certificados electrónicos?
PKPASS é un formato estandarizado para billeteiras dixitais presentado por Apple no ano 2012. É unha tecnoloxía que se emprega para tarxetas de embarque, entradas, todo tipo de tarxetas ou cartóns etc. Como desenvolvedor experimentado de PKPASS, cremos que se trata dun formato perfectamente axeitado para dixitalizar os certificados.
Como podo eliminar o pase da miña billeteira dixital?
Toque no círculo con tres puntos para darlle a volta ao pase. En iOS, toque en "Eliminar pase". En Android, se está a usar YourWallet, toque na icona da papeleira na parte superior da pantalla.
As autoridades aceptarán o meu pase dixital?
Teña en conta que non somos os emisores dos certificados orixinais nin estamos conectados coas autoridades oficiais do seu país. Simplemente convertemos o código QR de validación do seu certificado en papel ou electrónico a un outro formato dixital e esta funcionalidade foi probada con todas as aplicacións de validación dispoñibles no momento de desenvolvemento. Non deixamos de recomendar que teña sempre a man o seu certificado orixinal e ao viaxar permaneza ao tanto da información e das medidas sanitarias que hai no seu lugar de destino.
Como podo contactar con vós?
Para calquera cuestión escríbanos un correo a support@yourpass.eu (falamos inglés e checo)
Retirada do consentimento para o tratamento de datos persoais
É seguro almacenar o meu certificado covid na miña billeteira dixital?
Cremos que é tan seguro como telo gardado no ordenador ou no correo electrónico. Polo seu propio interese, o seu dispositivo debe estar protexido por contrasinal. Pode saber máis sobre os certificados dixitais da covid aquí.
Recompilades algún dato do meu certificado?
Non recompilamos ningún dato de contacto, só os almacenados no seu código QR. Para máis información lea a nosa política de privacidade.
Acerca de
Somos YOUR PASS, un actor global no mundo das billeteiras dixitais con presenza en mercados de varios países e ofrecemos soporte a clientes como AXA, Allianz, Vienna Insurance Group, Erste Private Banking, Skoda, BMW, O2 e moitos máis.
Para alén doutros proxectos, desenvolvemos YourWallet, unha aplicación de billeteira móbil multifuncional para pases dixitais multifuncionais e todo tipo de tarxetas e cartóns para os usuarios de Android.
Como empresa de tecnoloxía independente que dispón dunha ferramenta dixital adecuada, gústanos ofrecela ao público en xeral de modo gratuíto e axudar na batalla contra a covid-19. Somos da idea de que quen estea satisfeito/a con esta tecnoloxía probablemente tamén a usará para este fin.